Os días 10 e 11 de outubro terá lugar a vixésima edición do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas na Illa da Toxa (O Grove, Pontevedra). Este ano o segundo día estará centrado na acuicultura #eco. Para abordar este tema contarase coa participación do#Craega e dalgúns dos seus socios.

Para asistir ou participar cunha presentación póster, o prazo de matrícula reducida remata o próxima día 20 de setembro. As diferentes modalidades son:
• ESPECIAL (estudantes, persoal da Consellería do Mar...): 35 € sen póster / 45 € con póster
• ORDINARIA: 60 € sen póster /75 € con póster
• NON PRESENCIAL: 85€ póster (inclúe a impresión do póster (45 x 60 cm) e certificado de participación no Foro).

*Todos os traballos enviados teñen a oportunidade de ser revisados por un Comité Cienfítico Internacional e publicados no libro anual do Foroacui con rexistro de ISBN.
Máis info na web do Foroacui ou no teléf.: +34 619459325

Mais información

La producción ecológica protagonizará en A Toxa en octubre el foro más antiguo de acuicultura de España

La producción ecológica será protagonista del XX Foro dos Recurso Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui), el cual tendrá lugar entre el 10 y el 11 de octubre en la Illa de A Toxa, en O Grove (Pontevedra). Este miércoles el foro ha sido presentado en Santiago de Compostela en rueda de prensa por el director del comité organizador, el profesor de la USC Manuel Rey Méndez; la subdirectora xeral de Acuicultura de la Xunta, Ángela Vázquez Suárez, así como la vicerrectora de I ...

Leer mas: http://www.europapress.es/galicia/pesca-00247/noticia-produccion-ecologica-protagonizara-toxa-octubre-foro-mas-antiguo-acuicultura-espana-20170524125944.html

XORNADA DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ECOLÓXICOS DE GALICIA, que se celebrará o día 27 de xaneiro de 2017, de 10 a 17h, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro en Monforte de Lemos (Lugo), organizada polo C.R.A.E.GA.

A xornada pretende dar un impulso á comercialización dos produtos ecolóxicos de Galicia a nivel nacional e internacional, expoñendo diferentes puntos de vista sobre o mercado da produción ecolóxica, centrándose en aspectos relacionados coa xestión comercial e o marketing. Confiamos en que sexa do seu proveito.

Inscríbase no 982 405 300 / 678 645 549, en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ouhttps://goo.gl/Dpobm7. Aforo limitado.

Localización: https://goo.gl/maps/kk294ksSFJA2

Programa: Programa Xornadas

Os vindeiros días 23 e 24 de xuño volverá celebrarse a Feira Ecolóxica de Lugo, coa presenza de produtores ecolóxicos certificados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Nun principio estará situada no fondo da Praza Maior, como o pasado ano.

 

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, co financiamento da Deputación de A Coruña, organiza para o día 20 de Decembro a xornada “Consumo responsable, sustentabilidade e agroecoloxía”, que se celebrará no auditorio municipal de Cedeira de 9.30h a 14.00h.

A xornada que ten como obxectivo impulsar na comarca proxectos sostibles e respectuosos co medio ambiente ofrecendo oportunidades, tendencias así como información para a posta en marcha de pequenas explotacións.

Por outra banda banda tamén pretende sensibilizar aos consumidores sobre a necesidade de mercar de xeito responsable, e a relación entre alimentación e saúde.

Pola tarde, en horario de 16.00 a 19.00 realizarase mesas de traballo entre produtores e axentes da comarca para crear redes e colaboracións así como estudar posibles accións que axuden a impulsar este movemento.

O Craega participa cunha charla a cargo de  Javier García Lozano sobre a certificación ecolóxica.
 

 

     

CONSELLO REGULADOR DE AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA
Ronda Emilia Casas Bahamonde, s/n (Edificio Multiusos)
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf: 982 405 300 - Fax: 982 416 530
craega@craega.es