marzo
SALON GOURMETS
Datas: 30 / 03 / 2009 ó 02 / 04 / 2009
Lugar: Madrid
Evento: SALÓN CLUB GOURMETS 2009
febrero
FORUM GASTRONÓMICO
Datas: 21 / 02 / 2009 ó 25 / 02 / 2009
Lugar: GIRONA
Evento: FORUM GASTRONÓMICO 09 DE GIRONA
O Fórum dos 10 anos consolidase como un proxecto sólido, co apoio incondicional do sector. Expositores e congresistas, así como os visitantes, deixaron constancia de que o Fórum é realmente un espacio de oportunidade e intercambio tanto de coñecementos como comercial.
Presenza do CRAEGA
O CRAEGA tivo unha destacada presenza no stand institucional da Consellería do Medio Rural, realizando demostracións culinarias, que nesta ocasión ofrece o programa de catas e degustacións de produtos galegos con indicativo de calidade que baixo ol lema 'Degusta Galicia', organizaron as Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Consellería do Medio Rural.
Unha presentación da agricultura ecolóxica en Galicia marcou o comezo de dita actividade, na que a responsable de comunicación do CRAEGA protagonizou un diálogo cun afamado chef que elaborou o seguinte menú para a ocasión: Gazpacho de xerminados, tallaríns de Algas salteados con ovo escalfado, estofado de carne de tenreira ao viño tinto con setas e espuma de iogur con mel.
febrero
BIOFACH 2009
Datas: 19 / 02 / 2009 ó 22 / 02 / 2009
Lugar: Nuremberg
Evento: BIOFACH 2009: FEIRA MUNDIAL DE PRODUTOS ECOLÓXICOS
Presenza de Galicia en Biofach 2009
A Consellería do Medio Rural, a través do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, promoveu a presenza de tres empresas e a asociación Indegae na feira Biofach, o principal punto de encontro do sector biolóxico internacional celebrado na cidade alemaña de Nuremberg.
Verín Biocoop, Porto Muiños, Pazo de Lusio e a Asociación de Industrias Elaboradoras de Produtos Ecolóxicos, Indegae, mostraron durante eses días a calidade dos seus produtos procedentes da agricultura ecolóxica de Galicia.
O chef Héctor López, do restaurante España, ofreceu dúas degustación s de alimentos biolóxicos galgegos: unha o venres 20 de febreiro no stand do Craega, degustación de pratos preparados con produtos ecolóxicos galegos a diversos empresarios alemáns do sector e o a outra o sábado 21 no stand do MARM, a que asistiu numeroso público presente na feira.
outubro
Biocultura 2008
Datas: 30 / 10 / 2008 ó 02 / 11 / 2008
Lugar: Madrid
Evento: Biocultura 2008: feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable
BioCultura 2008, a Feria das Alternativas e o Consumo Responsable, abriu as súas portas o pasado 30 de outubro en Madrid, concretamente no Pabellón de Cristal da Casa de Campo. A feira é considerada a segunda máis importante que se celebra en Europa no marco dos produtos ecolóxicos , é un encontro moi interesante no que os consumidores poden coñecer todo tipo de produtos alimentarios, equipamento, utensilios ou novos materiais que se enmarcan no ámbito ecolóxico.
outubro
Ecocultura 2008
Datas: 10 / 10 / 2008 ó 12 / 10 / 2008
Lugar: Zamora
Evento: Ecocultura 2008: feira hispanolusa de produtos ecolóxicos
A feira hispanolusa de produtos ecolóxicos ECOCULTURA, que celebrou a súa quinta edición do 10 ó 12 de outubro en Zamora, pechou as súas portas cunha afluencia de público moi similar á do pasado ano e, a pesares da crise, cun incremento de ventas por parte dos expositores. Precisamente o aspecto que máis se destaca, tanto dende a organización como dende os propios participantes, é que esta feira está creando cultura de consumo ecolóxico entre os visitantes, de xeito que xa acuden a Ecocultura cunha idea clara do que se van encontrar e do que queren nercar.

